Continúa a investigación da morte dun traballador nunha cisterna de leite en Chantada

O traballador foi atopado sen vida o pasado sábado dentro dunha cisterna de leite.

Axentes da Garda Civil / Garda Civil

A Garda Civil prosegue a investigación para aclarar a natureza da morte dun traballador atopado esta fin de semana na cisterna de leite dun camión no concello de Chantada. Así llo manifestaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que tamén aclararon que este domingo se lle practicou a autopsia ao falecido, cuxo informe se lle remitirá á autoridade xudicial este luns ou martes.

As mesmas fontes explican que, dado que no corpo do traballador falecido “non se apreciaron causas externas de agresión”, as pesquisas redúcense a determinar se se tratou dun accidente laboral ou dun suicidio. Isto determinarase a través dos resultados da autopsia.

O traballador, veciño de Trabada (Lugo), foi atopado o pasado sábado día 29 no interior da cisterna dun camión de leite da empresa Lácteos Xabelo polo dono da compañía. Este achegárase ao camión ante o aviso doutros empregados de que a cisterna tiña unha das súas bocas superiores aberta.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here