InicioSucesosLocalizado o empresario desaparecido en Sarria

Localizado o empresario desaparecido en Sarria

O empresario Lisardo López, desaparecido desde a mañá deste martes no termo municipal de Sarria, foi localizado no mesmo concello e "en bo estado".

Publicado o

- Advertisement -

Segundo confirmaron fontes do operativo e de SOS Desaparecidos, o home foi localizado sobre as 14:00 horas por unha patrulla da Garda Civil na zona que levaba a cabo o rastrexo.

O home faltaba desde as 10,00 horas deste martes despois de acudir á súa empresa, situada na zona de Vilapedre, da que saíu “pola porta de atrás”, apuntaron fontes do dispositivo.

Este martes axentes da Policía Local, xunto coa Garda Civil, que coordina o operativo, e Protección Civil realizaran batidas pola zona próxima á empresa para buscar ao home, que marchara a pé.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...