Segue activo o lume de Montefurado

Segundo o último parte de Medio Rural a superficie afectada alcanza xa unhas 150 hectáreas.

Imaxe de Montefurado. Foto: Concha

O incendio forestal declarado na tarde de onte na parroquia de Montefurado está controlado pero non extinguido.

As lapas estiveron moi preto do núcleo habitado da aldea de Montefurado e foron avanzando dende o foco inicial, na aldea de Ermidón, ata Montefurado. O lume non se puido sofocar chegada a noite e continuou tramando por enriba deste lugar en traxectoria ascendente dirección Centeais e Ferreira, outras dúas aldeas da parroquia.

As estimacións do desastre, ofrecidas por Medio Rural esta mañá, dan por queimadas unhas 150 hectáreas de monte na contorna afectada. Aínda que evoluciona favorablemente, o incendio non está extinguido e veciños do lugar botaban en falta a presenza dende primeira hora de medios aéreos.

Triste situación e preocupación dos veciños e veciñas do lugar polo acontecido e o medo de pensar que anda algún pirómano/a solto/a…

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here