InicioSucesosRescatada unha persona tras saírse da vía co seu vehículo en Monforte

Rescatada unha persona tras saírse da vía co seu vehículo en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Os bombeiros liberaron a noite deste venres ao condutor dun vehículo que quedou atrapado ao saírse o turismo que conducía da vía, na VG-2.1, de Monforte a Escairón. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse pasadas o nove da noite.

Os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos bombeiros de Monforte para liberar ao ferido e facilitar a súa evacuación nunha ambulancia das 061-Urxencias Sanitarias.

Tamén se informou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao persoal da Axencia Galega de Infraestruturas, que se encargaron da limpeza dos restos provocados polo accidente e de restablecer a seguridade na zona.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...