Piden a proba de alcoholemia para o conductor que chocou contra o Hospital Comarcal de Monforte

As pescudas abertas para esclarecer se foi intencionado o accidente no que un vehículo chocou contra parte do Hospital Comarcal de Monforte inclúen a proba de alcoholemia ao condutor hospitalizado, identificado como J.L.L.S., de 37 anos de idade.

Hospital de Monforte. Foto cedida.

Os feitos sucederon sobre a medianoite deste venres, cando un vehículo impactou contra unha porta lateral do Hospital de Monforte, onde se sitúa o servizo de rehabilitación. O condutor resultou ferido e foi ingresado no mesmo centro hospitalario. Non houbo persoas afectadas, pero rexistráronse diversos danos materiais nesa área hospitalaria, en cuxo interior quedou o vehículo sinistrado, que danou un tabique.

O alcalde, José Tomé, relatou que “sobre a unha da noite chamouse á Policía Local para informar de que un coche que estaba no estacionamento do propio hospital, dentro do centro hospitalario, sae recto e vaise a encaixar contra unha porta de rehabilitación do hospital e métese dentro do corredor”.

“Unha persoa que sae dese estacionamento, que de súpeto vai recto, non se se lle deu un mareo, bloqueóuselle a dirección. Non sei o que puido pasar. Haberá que esperar a ver o que din os informes policiais para facer algún tipo de valoración a maiores, si é un problema de saúde ou si é un problema tóxico, non o sei”, comentou o rexedor.

Con todo, cualificou o accidente como “unha cousa rarísima”, porque “o que coñece o Hospital de Monforte, que é unha zona de saída, con desprazamento lateral”, ata a porta de rehabilitación “hai un trinta metros e para meterse a velocidade tirar a porta e meterse no corredor francamente é un pouco raro”, concluíu José Tomé.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here