Morre un home nun accidente de moto no Saviñao

Ambulancia e camión dos Bombeiros / XdL

O condutor dunha moto faleceu na mañá deste luns ao caer do vehículo no que viaxaba no Saviñao (Lugo), en concreto na parroquia de Marrube, sobre as 8,30 horas, segundo informa o 112.

Varios particulares contactaron co 112 para alertar do sucedido, polo que foron avisados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil da localidade e Bombeiros de Chantada.Unha vez no lugar do accidente, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar a morte do home.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here