Arde unha casa de madrugada en Sarria

Unha casa quedou calcinada por completo por mor dun incendio rexistrado na madrugada deste xoves, 5 de setembro, no concello de Sarria.

Sarria / Xornal de Lemos

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o lume orixinouse no interior do edificio sobre as 00,30 horas e os servizos de emerxencia concluíron os labores de extinción e retirada de cascallos sobre as 9,30 horas.

O 112 tivo constancia do incendio a través dun particular e requiriu a intervención dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil, da Policía Local e de persoal de extinción de incendios do concello de Paradela. Está previsto que o persoal do Concello de Sarria termine as tarefas de retirada dos cascallos.

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Sarria mantéñense alerta por se fose necesaria a súa intervención no lugar ao longo do día.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here