Detido un veciño de Sarria por levar 800 euros dun local hostaleiro tras ameazar á empregada

Vehículo da Garda Civil / XdL

A Garda Civil detivo a un home de 35 anos, veciño de Sarria (Lugo), como o suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación nun local hostaleiro do municipio.

Os feitos, segundo o relato da Benemérita, ocorreron o pasado mes de setembro. O presunto autor do atraco ameazou a empregada do establecemento e chegou a subtraer 800 euros en metálico da caixa rexistradora.

Tras a súa detención, o home foi posto a disposición xudicial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here