InicioSucesosPillan en Monforte un home cunha orde de detención internacional por un...

Pillan en Monforte un home cunha orde de detención internacional por un accidente de tráfico

Os feitos remóntanse ao 2011, cando o agora detido sufriu un accidente en Romanía mentres conducía sen carné.

Publicado o

- Advertisement -

A Policía detivo en Monforte de Lemos un home de orixe romanesa que tiña unha orde de detención internacional relacionada cun accidente de tráfico ocorrido en Romanía en 2011.

En concreto, os feitos remóntanse a xullo de 2011, cando o agora detido sufriu un accidente de circulación mentres conducía sen carné. No sinistro, precisan os axentes, o camión que manexaba “terminou nun río”.

A pesar da prohibición das autoridades romanesas, o home ausentouse do lugar. Por estes delitos, foille imposta unha condena dun ano e dous meses de prisión, que non cumpriu ao saír do país.

Por mor dunha investigación, axentes da comisaría de Monforte comprobaron que a este home, duns 30 anos e residente na localidade lucense, lle constaba unha orde de detención europea, polo que procederon á súa detención. O xulgado de garda encargarase de tramitar o expediente.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...