Positivo por alcolemia no centro de Monforte o martes de entroido

O condutor, un veciño de Chantada de 60 anos, alcanzou os 0,74 mlg. de alcol por litro de aire expirado na primeira medición, e os 0,67 na segunda.

Control alcolemia

Na tarde do martes de entroido, ás 19:35 h., foi detectado polos axentes da Policía Local que prestaban servizo no dispositivo do desfile das compasas de Monforte, un condutor que presentaba síntomas de conducir baixo os efectos do alcol. O paisano circulaba polo centro da cidade, concretamente pola rúa Hortas e para xirar á Avenida de Galicia.

Con estas evidencias, procedeuse á detención do vehículo requirindo a continuación que o condutor se sometese á proba de alcolemia. O resultado foi positivo, cun resultado de 0,74 mlg. de alcol por litro de aire expirado na primeira medición, e de 0,67 na segunda.

Tendo superado os 0,60 mg/l, taxa a partir da cal a condución é delito, instruíronse dilixencias penais ao infrator, un sexaxenario de Chantada, que foron remitidas ao xulgado de garda con proposta de xuízo rápido.

CONTROIS DE ALCOLEMIA DA POLICÍA LOCAL

A Policía Local de Monforte, con competencias para a realización de probas de alcolemia de acordo co que regulamentariamente se estableza, realizou dende o mes de xuño de 2019 un total de 83 controis, das cales 10 deron un resultado positivo, resultando 6 con taxa inferior a 0,60 miligramos de alcool por litro de aire expirado, que se tramitaron mediante procedemento sancionador de tipo administrativo, e as restantes deron lugar a instrución de dilixencias penais por presunto delito contra a seguridade do tráfico.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here