Colisión en Sarria entre tres turismos e un microbús con quince menores a bordo

Unha muller resultou ferida no accidente.

A Policía Local acode a un accidente | Fonte: PL Vigo

Unha colisión en Sarria entre tres turismos e un microbús, con quince menores a bordo, saldouse cunha persoa ferida, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia.

Os feitos rexistráronse na Avenida de Becerreá, á altura do número 24, minutos antes das 14,45 horas. Dous dos turismos atopábanse aparcados no momento do sinistro, mentres que outro estaba en circulación. A condutora resultou ferida e foi trasladada ao centro médico.

Tras o aviso de Urxencias Sanitarias, desde o 112 contactouse coa Policía Local, os Bombeiros de Sarria e Protección Civil. Os menores que viaxaban no autobús puideron chegar ás súas paradas noutro coche de liña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here