InicioSucesosO día escuro do deporte monfortino

O día escuro do deporte monfortino

Álex Blanco era un rapaz novo, apaixonado do deporte e moi ben considerado en Monforte de Lemos. A mala sorte presentóuselle xogando ao fútbol na Pobra do Brollón onde perdeu a vida tras unha presunta 'morte súbita'.

Publicado o

- Advertisement -

Estamos en xuño pero o día está escuro. Escureceu de madrugada para non volver clarear en toda a xornada. Cando unha vida se marcha, deixa un baleiro dificilmente substituíble. Se a esa vida, ademais, lle quedan moitos anos por diante, a cor vólvese tan absorbente, que nin as mellores luces son capaces de provocar que se abran paso entre a negrura.

Álex Blanco era un rapaz novo, apaixonado do deporte e boa persoa. O 28 de xuño, de madrugada, estivo disputando un partido de fútbol sala no torneo de verán organizado na Pobra do Brollón. Todo era perfecto. Os xogadores estaban preparados para golear ós equipos contrarios que se lle presentaran e así gañar a competición. Nada novo. Nada que non viviran antes.

Pero a fortuna non estivo do seu lado. Viviron unha situación nova. Un xogador caeu ó chan sen motivo aparente e nada puideron facer por el. Entre chamadas ós servizos médicos, nervios e situacións de desconcerto, os equipos acababan de perderlle o partido á vida.

Ó longo da xornada as mensaxes de pésame e dor polo acontecido non deixaban de repetirse nas redes sociais. “Exemplo de honradez”, “amigo fiel” ou “gran persoa e estudante” foron algunhas das mensaxes que os usuarios das novas tecnoloxías puideron ler nas súas contas.

E é que a vida vai e vén nun segundo. Unha unidade de tempo escasa pero moi longa nalgunhas situacións…

NORMATIVA DOS EVENTOS DEPORTIVOS

Segundo a Lei 3/2012 do 2 de abril, do Deporte de Galicia, modificada en varios artículos pola Lei galega 13/2015 de 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, todos os eventos deportivos que se celebren na comunidade, indiferentemente de cal sexa a súa índole, deben ter 2 seguros contratados de xeito obrigatorio; un seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes.

Independentemente do custo que teñan os seguros de accidentes para eventos deportivos, e de que as compañías sexan algo reacias a contratar pólizas en deportes de contacto como o fútbol ou o baloncesto (a posibilidade de lesións é moi alta), todos os eventos relacionados co deporte organizado deben contar con este tipo de cobertura. Se ben é certo que as contías das pólizas varían dependendo dos participantes, se son maiores ou menores de idade, ou dependenddo tamén do deporte a practicar, a organización do torneo debe ter toda a documentación esixible por lei para o días que se vaia celebrar un evento deportivo.

O torneo da Pobra do Brollón tiña toda a documentación en regra. Unha moi boa xestión e organización pola súa parte pero que, desgraciadamente, non vai mudar a situación vivida hai unhas horas no polideportivo municipal.

 

ÚLTIMAS

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...