Morre en Triacastela un home esmagado polo tractor que conducía

Un home morreu este martes, 31 de marzo, ao envorcar o tractor que conducía na parroquia de Santa María de Vilavella, no municipio de Triacastela.

Accidente de tractor / campogalego.com

O accidente produciuse sobre as 21.00 h. nunha leira rural desta parroquia da comarca de Sarria. As causas do sinistro estanse investigando.

O tractor envorcou e caeu sobre o home, que quedou atrapado baixo o vehículo, segundo indicaron a Europa Press fontes dos Bombeiros de Sarria.

Á chegada ao lugar de efectivos de Bombeiros, outro tractor iniciara os labores para rescatar ao home. Cando finalmente foi liberado, facultativos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron o seu falecemento.

Ao lugar acudiron efectivos da Garda Civil, servizos sanitarios e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Becerreá, informou o 112 Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here