Un condutor triplicaba a taxa de alcol permitida e incumpría o confinamento en Sarria

A Garda Civil interceptouno nun control situado na LU-633 (Pedrafita-Palas).

Control GC / Garda Civil

A Garda Civil interceptou unha persoa que conducía baixo os efectos do alcol e incumpría o confinamento en Sarria, concretamente á altura do quilómetro 47,700, da estrada LU-633 (Pedrafita do Cebreiro-Palas de Rei).

Os feitos ocorreron o 6 de maio, ás 23:00, nun marco dun control da Garda Civil no que se lle realizou a proba de alcolemia ao condutor. Deu un resultado positivo cunha taxa de 0,83 mg/l, máis do triplo do permitido. Por este motivo, foi denunciado penalmente e trasladáronse as dilixencias abertas ao Xulgado de Instrución de Sarria.

Ademais, os axentes descubriron que esta persoa estaba a incumprir as condicións de confinamento, xa que a viaxe realizada non estaba xustificada. Así, denunciárono por desobedecer as normas do estado de alarma e o xulgado decidirá se tamén é sancionado administrativamente.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here