IniciosociedadeMonforte inicia o proceso para suprimir os pasos a nivel de Rioseco...

Monforte inicia o proceso para suprimir os pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

A previsión da finalización das obras deste proxecto, que ten un orzamento de case 6 millóns de euros, estímase para principios de 2023.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado de Luis Palacios, responsable de zona de ADIF en Ourense presentou este mércores o proxecto de supresión de pasos a nivel de Monforte, “Hai 3 anos, como Alcalde de Monforte, púxenme en contacto co ADIF para iniciar un proceso de supresión dos 6 pasos a nivel que temos no casco urbano: Vía de Castela, Florida, Francisco Moure, Reboredo, Rioseco e Juan Montes”, sinalou o alcalde.

Os pasos a nivel de Rioseco e de Juan Montes son os primeiros sobre os que se está a traballar para a súa supresión, a solución que se adoptou consiste na construción dun paso inferior por debaixo da vía, máis ou menos na metade dos dous pasos a nivel, polo que pasarán os vehículos e as persoas, dun xeito seguro, acadando así que non se produzan máis atropellos neses pasos.

“Con esta obra, vai cambiar totalmente a fisonomía desa zona, porque no proxecto contémplase a creación dunha rotonda, unha ponte e 5 calles novas, tal e como se recolle no Plano de Planta” indicou o rexedor municipal. Deste xeito, configuraranse unhas comunicacións modernas e fluídas a ambos lados da vía do Ferrocarril, totalmente urbanizadas, que valorizarán toda a zona.

As novas rúas, permitirán as comunicacións dende a rúa Morín pasando por debaixo da vía ata a nova rotonda, que vai distribuír o tráfico cara Juan Montes e Rioseco, a través dunha nova ponte que comunica co núcleo de Rioseco. Tamén será posible a circulación pola marxe esquerda da vía, paralela a Padre Feijóo, gracias a unha rúa de nova construción, que irá dende o Xardín que hai diante do bar A Ronda, ata Juan Montes. O investimento total ascende a case 6 millóns de euros, concretamente, 5.742.394,67.

Pasos a nivel presentación supresión / Concello de Monforte

A inversión inclúe as expropiacións, o control e vixilancia ambiental da obra, a reposición de servidumes e dos servizos afectados (auga, luz ou saneamento), traballos de conservación do patrimonio, se o houbera, e o resto de partidas e unidades de obra.

Destacou Tomé Roca, “este vai ser o mandato de obras importantes para Monforte. Fai uns días puxemos en marcha o proceso para construír a nova Ponte de Ferro do Malecón; e o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño Sil por 2,4 millóns de euros para mellorar o saneamento. Hoxe anunciamos que poñemos en marcha a supresión de 2 pasos a nivel e a creación de novas rúas na zona da estación, que vai revitalizar este barrio”.

O Alcalde precisou que nos próximos días, este proxecto será aprobado en Xunta de Goberno, será exposto ó público e será remitido ó ADIF para que continúe coa tramitación de cara á licitación das obras. Unha vez pasado el período de posibles alegacións, haberá  un prazo de 3 meses para a supervisión e aprobación do Proxecto e Licitación de Obra, 6 meses para a adxudicación de obra e sinatura do contrato, e 16 meses de prazo de execución da obra.

Neste senso, o Alcalde indicou que a previsión da finalización das obras deste proxecto estímase para principios de 2023. E unha vez finalizadas todas as obras, procederase á supresión dos 2 pasos a nivel existentes.

 

ÚLTIMAS

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa,...