Detido o autor do acoitelamento a un mozo de Sarria

Garda Civil

A Garda Civil detivo ao presunto autor do apuñalamento a un mozo de 33 anos ocorrido na tarde do luns na Praza da Vila de Sarria (Lugo). O home é da contorna da vítima, de nacionalidade española, e xa está á espera de pasar a disposición xudicial, baixo os cargos de intento de homicidio, agresión con arma branca e ameazas a terceiras persoas que foron testemuñas da agresión.

O suceso ocorreu pasadas as 21,00 horas do luns na céntrica Praza da Vila. Tras o apuñalamento, foi un particular quen deu a voz de alarma ás forzas da orde, que desde o luns sabían xa a indentidade do agresor e o estaban buscando.

A vítima é un mozo de 33 anos de idade que foi trasladada en primeiro lugar á PAC do municipio, tras o cal foi derivada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo nunha ambulancia de soporte vital avanzado.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here