Tensión en Quiroga tras o accidente dun camión que transportaba detonadores

Camión de bombeiros / PV

Un camión que transportaba detonadores envorcou este mércores na estrada LU-561 ao seu paso por Quiroga. A carga que levaba, detonadores para explosivos, fixo saltar as alarmas pero, finalmente, non houbo dano para a carga, segundo informou o 112.

Axentes da Garda Civil de Tráfico examinaron o remolque e a mercadoría e descartaron “risco algún para a contorna”. A pesar do impacto, a carga permaneceu intacta.

Así mesmo, os ocupantes do vehículo atópanse en bo estado de saúde e valoran o modo para o transvasamento dos detonadores en condicións de seguridade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here