InicioSucesosDous cazadores feridos en batidas na Ribeira Sacra

Dous cazadores feridos en batidas na Ribeira Sacra

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dous cazadores resultaron feridos esta fin de semana en municipios da Ribeira Sacra, un deles ao dispararse de forma fortuíta nun pé e o outro ao ser atacado por un xabaril moribundo.

Segundo o diario El Progreso, o primeiro dos cazadores feridos, disparouse nun pé mentres participaba nunha batida no municipio do Saviñao e foi ingresado no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

O segundo, dunha peña de cazadores de Monforte e Pantón, resultou ferido por un xabaril moribundo ao achegarse ao animal crendo que estaba morto que cun dos seus cabeiros xeroulle cortes nunha perna e na boneca e tivo que recibir puntos de sutura.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...