Un incendio ocasiona danos nunha panadaría de Pantón

Ningunha persoa resultou ferida.

Bombeiros/LX

Un incendio calcinou parcialmente a pasada noite as instalacións da panadaría Tarrazo de Pantón, aínda que o lume non chegou a provocar danos persoais.

Segundo informou o 112, a alerta saltou ás 21:00 horas, cando un particular solicitou a intervención dos equipos de emerxencias para sufocar as chamas da panadaría, situada na estrada que comunica Pantón con Ourense.

Inmediatamente, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) pasou aviso aos Bombeiros de Monforte. Foron eles quen apagaron o lume no interior do negocio, logo de que calcinase parte dunha neveira e o aire acondicionado. O incendio tamén afectou ao despacho de venda do pan.

Tamén foi avisada a Garda Civil, cuxos axentes investigan agora a orixe do incendio.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here