Dous incendios en inmobles de Sarria e Monforte por malas condicións das chemineas

Nos dous casos non houbo que lamentar feridos.

112 Emerxencias Galicia

Dous lumes en senllos edificios de Monforte e Sarria tiveron que ser atendidos polos servizos de emerxencias. A orixe dos mesmos estaba na falta de limpeza dos restos nas chemineas.

O primeiro incendio tivo lugar en Sarria ás 18,00 horas nun antigo mesón. En Monforte rexistrouse outro incidente similar ás 23,00 horas. En ambos os casos, as chamas só afectaron os restos acumulados dentro da cheminea.

A central de emerxencias lembra a necesidade de levar a cabo un bo mantemento das chemineas, dado que a acumulación de restos no tubo pode provocar incendios e rupturas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here