Ferida despois de caerlle o teito do alpendre enriba

O accidente ocorreu na parroquia de Ousende, no Concello do Saviñao.

Hospital de Monforte. Foto cedida.

Unha muller resultou ferida, na tarde deste martes 12 de xaneiro, no municipio do Saviñao, ao caerlle enriba o teito dun alpendre.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu na parroquia de Ousende, onde se afundiu o teito dun alpendre e golpeou a unha veciña do lugar na cabeza

A vítima foi evacuada ao Hospital Comarcal de Monforte polo 061. No operativo participaron efectivos da Garda Civil e de Protección Civil.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here