Un home resultou ferido grave tras sufrir un accidente no tractor que manexaba en Sober

Tractor realizando traballos agrícolas/GC

Un veciño de Sober tivo que ser evacuado en helicóptero a primeira hora da tarde do xoves 2 de agosto logo de sufrir feridas graves a consecuencia dun accidente no tractor que manexaba.

Ó home, de 51 anos, quedoulle unha perna atrapada no motocultor que conducíaa mentres estaba realizando traballos agrícolas nunha finca privada. Ata o lugar dos feitos acudiron efectivos dos bombeiros do parque comarcal de Monforte onde tiveron que realizar traballos de excarceración para poder liberar á vítima. Ademais tamén acudiron ata o sinistro unha unidade do 061 e un helicóptero para o seu posterior traslado ó hospital.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here