InicioSucesosAtribúenselle ao "Luciérnaga" máis de 90 roubos cun valor de medio millón...

Atribúenselle ao “Luciérnaga” máis de 90 roubos cun valor de medio millón de euros

O ladrón permanece en prisión logo de protagonizar un asalto a un concesionario en Chantada, mais no seu historial figuran unha chea de subtraccións en locais hostaleiros, tendas ou mesmo unha clínica veterinaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Garda Civil de Lugo pechou a investigación sobre un mozo de nacionalidade romanesa alcumado ‘O Luciérnaga’ ou o ‘Solitario’, ao que se atribúen máis de 90 roubos estimados en case medio millón de euros.

Tras un ano de pequisas, a Policía Xudicial da Garda Civil de Monforte, encargada do caso, clausurou a investigación contra este home, detido en setembro de 2019 tras protagonizar un asalto a un concesionario de Chantada. Desde daquela, ‘O Luciérnaga’ atópase na prisión da Mansilla de las Mulas á espera de render contas polos delitos que se lle imputan desde 21 xulgados diferentes, a maioría en Galicia e na comunidade de Castela e León.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...