Detida unha veciña de Sarria por estafar a un familiar

Pedíu un crédito por importe de 5.000 euros.

Garda Civil

A Garda Civil detivo a unha veciña de Sarria de 46 anos de idade como presunta autora dun delito de estafa por solicitar un crédito coa identidade dunha familiar.

Segundo informou o Instituto Armado, a presunta autora solicitou o pasado mes de xuño un crédito por importe de 5.000 euros “suplantando a identidade dunha familiar”.

A vítima denunciou que ten varios cargos bancarios indebidos na súa conta cun importe total de 3.000 euros, destacaron as mesmas fontes. A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here