Dous terremotos con epicentro en Folgoso do Courel

O Instituto Xeográfico Nacional informaba deles esta mañá e os comentarios nas redes sociais non deixaron de sucederse compartindo o acontecido.

Imaxe do IXN desta mañá na súa web.

A Comarca de Quiroga espertaba este domingo con dous sismos de magnitude 3,4 mbLG e 2,5 mbLG segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional na súa páxina web.

Segundo se indica, os tremores foron rexistrados pola mañá, concretamente ás 8:44 e ás 8:47 horas. O epicentro sinálase no Concello de Folgoso do Courel.

Segundo algunhas testemuñas e comentarios que se verteron nas redes sociais informando o sucedido ao longo da mañá, os movementos telúricos puidéronse sentir tamén nos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón.

O medio local Diario de Quiroga, informaba esta mañá que “o propio IXN indica que este terremoto tamén foi percibido noutras localidades, como Monforte de Lemos, Lugo, O Corgo ou Sarria, entre outros”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here