Investigados por furtos en Carballedo e Triacastela

A Garda Civil investiga en Carballedo e Triacastela aos supostos autores de delitos de furto.

Vehículo da Garda Civil / XdL

A Garda Civil investiga a un veciño de Carballedo, de 58 anos de idade como suposto autor dun delito de furto de madeira, tras unha corta sen autorización. A valoración da madeira furtada ascende a 2.500 euros. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

E en Triacastela imputa en calidade de investigado a un veciño de 68 anos de idade como suposto autor dun delito de furto de gasoil. Ao redor das 21.00 horas deste mércores a persoa investigada é sorprendida cando enchía oito garrafas de plástico, mediante unha mangueira conectada ao depósito de combustible dun camión que se atopaba estacionado no aparcamento dunha antiga estación de servizo situada no termo municipal do Corgo (Lugo). Ao ser sorprendido auséntase do lugar e é localizado escondido nunhas matogueiras a uns 200 metros do lugar dos feitos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here