Un operario cae cunha escavadora por un desnivel en Quiroga

No operativo de rescate foron mobilizados medios aéreos e terrestres.

Helicóptero medicalizado do 061 | ALX

Un operario sufriu unha caída cunha máquina escavadora por un desnivel que leva a unha zona de difícil acceso en Quiroga. Segundo a información proporcionada polo 112 Galicia, o dispositivo de rescate mobilizou medios aéreos e terrestres.

Concretamente, mobilizáronse dous helicópteros: un medicalizado con base en Ourense e o outro é o Pesca-II de Gardacostas Galicia. Tamén interviu a Garda Civil, os Bombeiros de Quiroga, a Policía Local, Protección Civil e o GES de Quiroga-Folgoso do Courel.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here