Home sociedade Investigadas 11 persoas por condución temeraria durante unha concentración de coches polos Canóns do Sil

Investigadas 11 persoas por condución temeraria durante unha concentración de coches polos Canóns do Sil

0
Investigadas 11 persoas por condución temeraria durante unha concentración de coches polos Canóns do Sil

A Garda Civil de Ourense tomou declaración a 11 persoas en calidade de investigadas por supostos delitos de condución temeraria durante unha concentración de vehículo polos Canóns do Sil cando participaban na 1ª Ruta Multimarca que se celebrou o 16 de maio.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron sobre as 19,00 horas do 16 de maio cando os participantes dunha concentración de vehículos circulaban pola ruta prevista pola organización.

Os vehículos foron identificados o Grupo de Investigación e Análise da Garda Civil de Tráfico de Ourense como consecuencia dos labores que habitualmente estes axentes realizan de rastrexo das redes sociais.

Neste caso as imaxes “colgadas” en distintas plataformas permitiron identificar a varios vehículos nos que, co consentimento dos condutores, “os pasaxeiros viaxaban sentados sobre os marcos das portas, coa metade superior do corpo completamente fóra do vehículo e sen suxeición de ningún tipo, en ocasións realizando manobras que entrañaban un perigo para a vida e integridade física desas persoas“, destacan as mesmas fontes.

Aos condutores impútanselles supostos delitos contra a seguridade viaria de condución temeraria, previstos no artigo 380.1 do Código Penal en calidade e autores. E aos ocupantes os mesmos delitos en calidade de cooperadores necesarios. Todos eles, destaca a Benemérita, enfróntanse a penas de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito a conducir vehículos a motor por un período dun a seis anos.

CONTROIS

A Garda Civil de Tráfico explicou que detecta que “cada vez son máis os eventos e organizacións automobilísticas deste tipo, as cales levan a efecto por vías de uso público abertas ao tráfico en xeral” e que, en caso de non ser competicións ao uso, “están exentas de axustarse e cumprir a normativa esixente para probas deportivas”, engade.

No entanto, aclara que iso “non implica que a Garda Civil desatenda estas concentracións”, senón máis ben ao contrario, “implica a gran cantidade de axentes, tanto facendo servizo de paisano en coches camuflados como de uniforme, no control e vixilancia”, engade, “destas ‘kedadas'”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here