InicioTerra de LemosMonforteFerido un piloto de motocrós en Monforte

Ferido un piloto de motocrós en Monforte

Foi trasladado en helicóptero.

Publicado o

- Advertisement -

Un piloto resultou ferido ao sufrir un accidente nun circuíto de motocrós situado no municipio lugués de Monforte. O suceso tivo lugar ás 15,50 horas deste luns nun circuíto da zona da Canle, nun lugar de difícil acceso para vehículos.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, a central de emerxencias tivo coñecemento do suceso por unha chamada telefónica realizada por un familiar da vítima. Ata a zona do accidente desprazouse un helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, que procedeu a evacuar ao ferido ao Hospital Xeral de Lugo.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...