InicioTerra de LemosMonforteExcarceran e trasladan a unha muller tras unha colisión entre dous coches...

Excarceran e trasladan a unha muller tras unha colisión entre dous coches en Monforte

O accidente produciuse de madruga na estrada N-120.

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller tivo que ser excarcerada do interior do seu coche tras sufrir unha colisión contra outro vehículo mentres circulaba de madrugada por Monforte de Lemos.

Segundo informa o 112 Galicia, o choque tivo lugar na estrada N-120, ao redor do quilómetro 521. Sobre as 2,00 da mañá deste domingo, a central de emerxencias recibiu unha chamada na que a Policía Nacional solicitaba axuda para esta persoa que estaba ferida e atrapada no seu turismo.

Así, o 112 pasou o aviso aos bombeiros do municipio, a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros de Protección Civil. Ademais, para asegurar a vía, notificou o sucedido ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento de estradas.

Ao final da intervención, os bombeiros confirmaron aos operadores do 112 a excarceración dunha muller, que foi a única ferida no sinistro, para que puidese ser trasladada polo persoal sanitario.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...