Arde unha casa de madrugada en Sarria

Servicios de emerxencia/XdL

Unha vivenda sita en Padriñán, Sarria, quedou practicamente calcinada logo de arder preto do 70% da súa superficie.

O suceso que foi avisado por un veciño da localidade ó redor das 2 da madrugada, que tras observar como ardía a zona das cuadras da casa, avisou de inmediato ós servizos de emerxencias.

Aínda que que a casa estaba habitada nese momento, non se produciron danos materiais nin nos animais que durmían no pendello anexo á vivenda.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos dos bombeiros de Sarria que traballaron no lugar ata primeira hora da mañá, ó redor das 7.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here