InicioSucesosArde por completo unha casa no Saviñao

Arde por completo unha casa no Saviñao

Un incendio deixou unha casa totalmente calcinada nun incendio rexistrado na tarde deste xoves no Saviñao, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio deixou unha casa totalmente calcinada nun incendio rexistrado na tarde deste xoves no Saviñao, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos bombeiros de Chantada, a vivenda ardeu por completo.

Pola súa banda, os voluntarios de Protección Civil do Saviñao concretaron ao 112 Galicia que, no momento en que se declarou o lume, a dona da casa non se atopaba dentro da vivenda.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do incendio ás 13,45 horas, a través dun particular. Segundo o aviso, víase saír moito fume polo tellado dunha casa, no lugar de Vilamor. Tamén informaba o particular de que na casa vivía unha muller.

O 112 pediu a intervención dos Bombeiros de Chantada, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, tamén acudiu ata o lugar dos feitos un equipo dos Bombeiros de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...