InicioSucesosCorte da estrada LU-651 entre Folgoso do Courel e Santa Eufemia

Corte da estrada LU-651 entre Folgoso do Courel e Santa Eufemia

O Concello de Folgoso do Courel toma as primeiras medidas ante o espectacular afundimento de terras acontecido esta mañá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informa a través das súas redes sociais o Concello de Folgoso do Courel, no afundimento de terra desta mañá no punto quilométrico 18.300 da estrada LU-651 non houbo que laiarse de danos persoais.

Ante esta situación recomendan aos condutores que eviten usar esa vía e que collan a secundaria que pasa por Vidallón, tendo en calquera caso debidamente sinalado o corte ao tráfico con persoal do GES e efectivos de Tráfico.

Dende o Concello de Folgoso do Courel comunican tamén que están en contacto coa Xunta –titular da estrada– desde que se coñeceu o suceso e para colaborar conxuntamente na busca de solucións.

Foto que puido captar un veciño dende Vilamor no momento do sinistro. Foto cedida.

O espectacular corremento de terras que tronzou a estrada aconteceu esta mañá de domingo 20 de marzo e, segundo se especula, feito que non puidemos contrastar, o desplome puido deberse ao afundimento dunha galería da canteira de pizarra próxima ao lugar do sinistro.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...