Confirmado: o corpo atopado en Monforte é o de Misi

Intre do levantamento do cadáver/XdL

A case un mes dende que se atopara un corpo en avanzado estado de descomposción en Monforte, finalmente confírmase que se trata do veciño da localidade desaparecido o 3 de agosto, Misi.

Durante o mes que Carlos Yañéz estivo en paradoiro descoñecido, o Escuadrón de Cabalería da Polícia Nacional, cans especializados, drons, un helicóptero e efectivos da Garda Civil, entre outros, estiveron traballando para atopar ao monfortino de xeito infructuoso.

Foi un veciño que paseaba pola zona das Lamas o que viu o corpo entre a maleza e de inmediato deu a voz de alarma o día 5 de setembro.  Aínda que nun primeiro momento non se fixo oficial a indentidade do corpo, todo apuntaba a que se trataba de Misi.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here