InicioSucesosActos de vandalismo en Bóveda e Sober

Actos de vandalismo en Bóveda e Sober

O concello de Bóveda informou á garda civil dun acto de vandalismo no cemiterio parroquial e no concello de Sober producíronse dous roubos en Cadeiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda vén de dar traslado á Garda Civil dun acto de vandalismo no cemiterio parroquial onde apareceron desfeitas de diversa consideración ao lado das lápidas, con contedores tirados, sinais e rotura de mobiliario.  

O Concello de Bóveda lamenta e censura estas manifestacións vandálicas no camposanto e agradece a colaboración cidadá para que este tipo de feitos non se volvan producir.

vandalismo cemiterio Bóveda / concello de Bóveda

Tamén este xoves, o concello de Sober infoma de dous roubos rexistrados a pasada noite na Tapería Tear e no santuario de Cadeiras. Os ladróns ocasionaron diversas desfeitas nos inmobles, entre elas, danaron dúas portas da igrexa e levaron os cartos de varios cepillos. Polo momento descoñécese se roubaron máis elementos. O caso xa está en mans da Garda Civil. Agradécese a colaboración cidadá por se alguén viu ou escoitou algo que poida dar co paradoiro dos amigos do alleo.

Tapería Cadeiras / concello de Sober

ÚLTIMAS

I Work Ribeira Sacra Chantada

Tratábase da I edición do Work Ribeira Sacra, primeiro evento networking que se realiza...

Restauración da imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga

A imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida está a sufrir unha importante restauración...

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...