Detido un veciño do Saviñao por posesión e distribución de pornografía infantil

Un cohce patrulla da Policía Nacional/GC

Un veciño de 47 anos do Saviñao foi detido o día 1 de outubro acusado de ter e distribuír pornografía infantil. Xunto á súa detención, tamén se produciu outra dun veciño de Lugo de 42 anos e acusado do mesmo delito. Ambos detidos dedicábanse a descargar e compartir o material agora incautado. Sen antecedentes penais, pasaron a disposición xudicial o martes día 2.

Nos rexistros ás súas vivendas, os axentes atoparon máis de 90.000 arquivos de contido sexual no que participan menores de idade.

Na nova, anunciada polo Ministerio de Interior nun comunicado, explícase que nos rastrexos que se realizaron nas redes de intercambio de arquivos P2P -peer to peer-, neste caso en eDonkey, os axentes especializados detectaron movementos de contido pedófilo. Neste operativo participaron axentes do Grupo de Delincuencia Especializada e Violencia (UDEV) e a Brigada Provincial da Policía Xudicial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here