Un condutor falece en Portomarín

O accidente acontecía na tarde deste domingo, 28 de outubro, cando o vehículo se saiu da vía e chocou contra unha arbóre.

Garda Civil

Ás 14.00 h., os veciños chamaron ao 112 Galicia informando de que un coche volcara fóra da vía, en Camporredondo, no termo municipal de Portomarín. Como consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada no interior do coche, polo que desde o 112 se pediu a colaboración dos Bombeiros de Chantada e dos efectivos do GES de Monterroso. Pero non se puido facer nada por salvar a vida do único ocupante do turismo, cuxo falecemento foi comunicado poucos minutos despois polo equipo médico desprazado no lugar do accidente.

Este domingo deixou, ademais, 190 incidentes relacionados coas condicións climatolóxicas adversas. Lugo foi a provincia máis afectada, con 154 incidentes provocados pola neve e pola caída de árbores e ramas.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here