Espectacular rescate en helicóptero dunha muller na Ruta da Castaña de Pobra do Brollón

Rescate en helicóptero dunha muller na Ruta da Castaña de Pobra do Brollón
Rescate en helicóptero dunha muller na Ruta da Castaña de Pobra do Brollón

O helicóptero Pesca II acudiu este xoves ao rescate dunha muller que sufriu unha caída mentres realizaba a Ruta da Castaña no municipio lucense da Pobra do Brollón nun lugar de difícil acceso.

Precisamente, a chuvia e as condicións do terreo, rochoso e esvaradío impediron que os organizadores puideran atender á ferida. Por iso decidiron chamar ao 112 que, ante as dificultades de acceso ao lugar dunha ambulancia, enviou un helicóptero que evacuou á ferida con traumatismos nas costas e nun brazo ao Hospital de Ourense.

No operativo tamén participaron os servizos sanitarios de urxencia, dos membros do GES de Quiroga e dos Bombeiros de Monforte. Unha vez no lugar, solicitouse tamén a intervención dos rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia, para realizar a evacuación da ferida por vía aérea.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here