Un home de 67 anos resulta ferido en Quiroga ao caerlle un piñeiro enriba

Un veciño de Quiroga de 67 anos de idade, con iniciais J.F.A, resultou ferido este mediodía ao caerlle encriba un piñeiro cando circulaba co seu tractor por unha pista local.

Vista de Quiroga. Fonte: Facebook Concello de Quioga

Segundo informaron a Efe fontes do 061, o accidente produciuse no lugar de Orxais, no municipio de Quiroga, en torno ás doce do mediodía.

A vítima, veciño da localidade, circulaba cun tractor sen cabina por unha pista local, cando o piñeiro rompeu e veuse abaixo, xusto cando o ferido pasaba co seu tractor polo lugar.

Tras recibir os primeiros auxilios, no mesmo lugar do accidente, foi evacuado nunha ambulancia asistencial, acompañado polo equipo do PAC da localidade ao Hospital Comarcal de Monforte.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here