InicioSucesosUn operario trasladado por un golpe na cabeza no balneario de Pantón

Un operario trasladado por un golpe na cabeza no balneario de Pantón

Publicado o

- Advertisement -

Un operario foi trasladado esta mañá ao levar un golpe na cabeza no balneario de Augas Santas, no termo municipal de Pantón. O 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil en canto tivo constancia dos feitos, ao fío das 9:35 horas, a través dos servizos sanitarios.

Debido á gravidade das feridas do traballador, os profesionais sanitarios mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero finalmente o ferido foi evacuado en ambulancia ao Hospital Comarcal de Monforte.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...