Primeiro accidente “a 90” no corredor Lugo Monforte

Garda Civil de Tráfico | Fonte: legaccidentes.com

EFE.- Unha muller resultou ferida este mércores pola mañá nun accidente de circulación que tivo lugar no corredor Lugo-Monforte de Lemos -CG 2.2-, ao saírse da vía o coche que conducía á altura do lugar de Lapío, no concello do Corgo.

O sinistro aconteceu ás 09:19 horas, á altura do quilómetro 11,7. Para auxiliar ás vítimas mobilizouse á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Lugo e ao 061.

No coche viaxaba a muller ferida, que foi evacuada na ambulancia do 061 ao hospital Polusa, e outro ocupante que resultou ileso, segundo precisou o Subsector de Tráfico.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here