Investigado por estafa un veciño de Monforte que se facía pasar por xestor de residuos para mercar chatarra

A Garda Civil investiga por un delito de estafa a un veciño de Monforte de Lemos que se facía pasar por xestor autorizado de residuos para mercar chatarra metálica.

Chatarra / servicio.mercadollibre.com.gt

E.P.- Segundo informou o Instituto Armado, no mediodía deste luns na localidade lucense de Rábade, procedeu a investigar a un veciño de Monforte de Lemos de 35 anos de idade como presunto autor dun delito de estafa.

O presunto autor, que se facía pasar por un xestor autorizado de residuos, acordou no mes de decembro do pasado ano a recolleita e compra de 3.600 kilogramos de chatarra metálica a unha empresa situada en Outeiro de Rei (Lugo).

Pero, unha vez na seu poder o material, non abonou o seu custo estimado en 800 euros e non entregou certificado de recolleita de residuos, aseguraron as mesmas fontes. A persoa investigada en relación a estes feitos foi posta a disposición xudicial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here