InicioSucesosSober decreta dous días de loito pola veciña asasinada en Madrid

Sober decreta dous días de loito pola veciña asasinada en Madrid

As bandeiras da Casa do Concello locen a media hasta en sinal de dor e para o luns ás 12:00 da mañá está prevista unha concentración en repulsa da violencia machista e como lembranza da soberina.

Publicado o

- Advertisement -

Estrella Domínguez Menéndez, de 63 anos, natural desta localidade, foi presuntamente asasinada o pasado venres a mans do seu home de 81 anos en Madrid.

Segundo as hipóteses manexadas, este disparoulle cunha escopeta de caza na súa vivenda do distrito madrileño de Ciudad Lineal e a continuación suicidouse tamén dun disparo. Non había denuncias previas por maltrato nin tampouco se coñecían ordes de afastamento.

O mesmo día no que milleiros de cidadáns celebraban o 8M temos que falar doutro suposto caso de violencia machista con final tráxico. A muller asasinada era veciña do lugar de Naz, na parroquia de San Miguel de Rosende, e será enterrada neste municipio.

O Concello de Sober decretou dous días de loito oficial, o luns realizarase unha concentración de repulsa na Praza do Concello e as bandeiras estarán a media hasta en sinal de dor. No acto do luns está previsto contar coa presenza da secretaria de Igualdade da Xunta e a subdelegada do Goberno na provincia.

O Alcalde, Luis Fernández Guitián, trasladou no seu nome , no da Corporación e no resto de veciños e veciñas as condolencias á familia de Estrella Domínguez, veciña que acudía con regularidade a Sober a visitar aos seus pais.

O rexedor, en declaracións a Europa Press, dixo que soubo o venres pola noite o caso de violencia machista en Madrid pero non se podía imaxinar que tiña que ver con Sober e horas despois levou a inesperada sorpresa. “Por desgraza non é sorpresa o que ocorre, pero é desesperante que ocorra tan preto, eu coñecíaos persoalmente, parecíanme unha parella normal, e ao final, un vese incapaz de todo…” laiábase Guitián.

A tráxica noticia está xerando un profundo pesar no concello onde practicamente todos os veciños e veciñas se coñecen.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...