Aparece o corpo dunha muller no río Sarria

112 Emerxencias Galicia

Efectivos dos servizos de emerxencias rescataron este xoves o corpo sen vida dunha muller de avanzada idade no río Sarria, na localidade do mesmo nome. Foi sobre as 20.30 cando se recibiu unha chamada alertando da presenza dun corpo sen vida na zona do Malecón.

Ao lugar acudiron efectivos da Policía Local e da Garda Civil e un médico certificou a morte da muller. Segundo os primeiros indicios, non presentaba signos de violencia e barállase a hipótese dun accidente.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here