InicioTerra de LemosMonforteOs vándalos destrozan varios metros do valado do paseo fluvial de Monforte

Os vándalos destrozan varios metros do valado do paseo fluvial de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

A actuación vandálica sucedeuse no tramo fronte ao paseo do Malecón

Os veciños de Monforte volveron ver cómo parte do mobiliario urbano do paseo fluvial da cidade sufriu as consecuencias duns vándalos. Neste caso, o suceso acaeceu fronte ao paseo do Malecón, no tramo entre o edificio multiusos e a ponte medieval. Uns 30 metros de valado de madeira apareceron tiradas no chan entre o cauce do río e a camiño de area moi frecuentado por veciños da zona para pasear.

Foron os usuarios da zona de recreo os que deron a voz de alarma á policía local. No momento de chegar as forzas de seguridade, o primeiro que fixeron foi acordonar a zona para avisar do perigo aos viandantes. As primeiras hipóteses apuntan que o acto estivo realizado por varias persoas debido á composición da estructura, nada fácil de tirar.

Máis casos delictivos

No tramo que se contruíu hai 3 anos na zona de Piñeira tamén é unha zona frecuente en canto a destrozo de mobiliario urbano. Dende a súa inauguración foron múltiples os actos delictivos que se realizaron nela. Alumeado, vallas e incluso adoquines arricandos cas mans e posteriormente tirados ao río.

Vista aérea da marxe dereita do paseo fluvial ao seu paso pola zona do malecón. Concello de Monforte

Dende a corporación municipal xa se están tomando medidas para arreglar o destrozo da valla aínda que esta non é a única zona do paseo que está deteriorada. Ante tales feitos, o alcalde e a corporación municipal piden colaboración cidadá para poder atopar a estos delincuentes e así facer que paguen os danos causados.

 

 

 

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...