2 proxectos de ‘aldea modelo’ no sur de Lugo

A Xunta de Galicia ten en marcha un total de 44 proxectos en Galicia. A iniciativa pretende poñer en valor o rural galego.

Vacas pacendo. Foto: XMF

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, acudiu por primeira vez á Comisión 7ª do Parlamento para dar conta dos proxectos de aldeas modelo que hai na Comunidade galega. Segundo informou, a día de hoxe están postos en marcha un total de 44 iniciativas que se están en diferentes etapas ou fases de execución e dous deles atópanse en concellos do sur de Lugo, concretamente no Incio e na Pobra do Brollón.

Están declaradas xa como aldeas modelo un total de 12 proxectos, dos cales tres están en fase de finalización de execución. Estes son os de Osmo (Cenlle), aldea destinada á produción de porco celta en ecolóxico que estará finalizada neste mes de outubro; e as de Trascastro (O Incio) e Parada dos Montes (A Pobra do Brollón), aldeas que se destinarán á produción de vacún de carne autóctono en ecolóxico e estarán finalizadas a finais deste ano.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here