Iniciosociedade"Malestar" na comisaría de Monforte polos atrasos na vacinación

“Malestar” na comisaría de Monforte polos atrasos na vacinación

Cualifican de "vergoña" a demora na inmunización.

Publicado o

- Advertisement -

O secretario en Galicia da Unión Federal de Policía (UPF), Miguel González, denunciou que os axentes das comisarías da Policía Nacional de Monforte e Viveiro (ao redor duns 120) aínda non foron vacinados contra a covid-19. Este venres, González mostrou a súa “preocupación e malestar” por este motivo, que cualifica de “unha vergoña” que non se inmunizara a estes policías cando na comisaría de Lugo xa se vacinou “entre un 85 e un 90 por cento” do persoal.

Ademais, lamentou que tampouco recibisen as doses “a funcionarios que traballan nas comisarías, como o persoal do DNI, de pasaportes ou estranxeiría”. “O Ministerio do Interior e a Dirección Xeral da Policía iniciaron a casa polo tellado e tratan de ver si falta algún ladrillo para poder polo. É un desastre”, aseverou.

SALA DO 091 DE LUGO

Por outra banda, González tamén mostrou o seu malestar polo traslado á Coruña da sala do 091 que prestaba servizo en Lugo, un cambio que, ao seu xuízo, “non é efectivo” e augurou que Interior e Dirección Xeral da Policía “terán que dar marcha atrás”.

Finalmente, Miguel González sobre a “perda de chamadas” advirte que “non é tanto iso como a reacción e o contacto, xa que mentres se conecta coa comisaría de Lugo (desde o 091) pérdese un tempo importante para as intervencións” policiais na cidade e no resto da provincia de Lugo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...