InicioMedio ambiente e PatrimonioPresentan os resultados das análises realizadas aos restos atopados no Castro de...

Presentan os resultados das análises realizadas aos restos atopados no Castro de San Lourenzo da Pobra do Brollón

O equipo de arqueólogos dirixidos por Xurxo Ayán e que están traballando no Castro de San Lourenzo na Pobra do Brollón veñen de facer públicos os datos obtidos do estudo dos restos atopados na campaña de escavación do 2017

Publicado o

- Advertisement -

O pasado 7 de decembro realizáronse as tarefas de exhumación correspondentes á Segunda Campaña de Escavación arqueolóxica do Castro de San Lourenzo e a análise das diferentes pezas de cerámica atopadas no lugar.

O  nivel de abrasión en superficie por efecto dos axentes externos dende o momento do enterramento dos restos do individuo é bastante alto. Aínda así, os ósos atopados foron conducidos ata a Sociedade de Ciencias Aranzadi e da Facultade de Mediciña de Donostia-San Sebastián para a súa limpeza, clasificación e estudo. A primeira fase consistiu na limpeza tanto en seco como con auga a baixa presión do material atopado e posteriormente, seleccionáronse ósos de cada un dos individuos escollidos para a extracción de mostras para a análise. Seguidamente realizouse un longo proceso de estudo aplicando as técnicas propias da materia.

Ósos analizados/X.A.

RESULTADOS DAS ANÁLISES DOS ELEMENTOS ÓSEOS

Estímase cos restos atopados son de sexo masculino aínda que é unha afirmación un tanto indeterminada pois é un corpo bastante incompleto e alterado polos cambios tafonóminos. O estudo do cranio arroxa datos de que estamos ante un individuo de sexo feminino, sen embargo, o arco cigomático mostra características masculinas así como a crista da caluga, o proceso mastoideo e a glabela. De tódolos xeitos, a falta da pelve e de ósos como o fémur ou o úmero, fan que os investigadores enmarquen ó individuo atopado en indeterminado/masculino.

No tocante á idade, e tendo en conta o desgaste dental, os invetigadores afirman ca persoa tiña entre 33 e 45 anos, aspecto que se reafirma, en parte, polas suturas craniais presentes que semellan estar cun estado de peche avanzado e, grazas á tibia, pódese afirmar que a estatura rodaban o 1,60 metros de altura.

Esquema do ósos atopados/X.A.

ANÁLISE DE RESIDUOS ORGÁNICOS NA CERÁMICA

O traballo realizado neste campo foi, primeiramente, a microescavación do vaso para poder coñecer a extensión do residuo visible adherido á cara interna da peza. A continuación fíxose unha inspección con microscopio dos resultados para detectar a presenza de macrorrestos vexetais e minerais que puidesen aportar os primeiros datos sobre a natureza do individuo.

Os traballos realizados confirman que as pezas de cerámica obtidas son da mesma necrópole e do mesmo período e ámbito xeográfico cos individuos atopados. Ademais, polo proceso de deterioro dos contedores de líquidos, os investigadores afirman que, no castro, tras a morte dunha persoa e posterior enterro, levábase a cabo un ritual de queima -afirmación realizada a través da presenza da gran cantidade de carbón atopado- suficiente para queimar o contido polo que todo fai pensar nun ritual de queima dalgún tipo de planta aromática. Igualmente, existen precedentes da detección de incenso en cerámicas medievais en base ó descubrimento de resinas específicas da especie.

Pezas de cerámica analizadas/X.A.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...