Máis de 40 millóns para mellorar as liñas ferroviarias de Monforte

Repartiranse entre os tramos Lugo-Monforte e Monforte-Ourense con vistas a electrificar os trazados.

Estación de tren de Monforte | P.C.

O Consello de Administración de Adif autorizou a adxudicación do contrato de obras de execución do proxecto construtivo de renovación de vía do tramo Monforte de Lemos-Lugo, por un importe de 30,3 millóns de euros, e autorizou a licitación, por 10,5 millóns, dun contrato de obras para optimizar pontes e explanadas situadas nun trazado de algo máis de 8 quilómetros da liña ferroviaria convencional Ourense-Monforte.

No caso do traxecto Monforte-Lugo, ten actualmente 71 quilómetros de lonxitude en vía única non electrificada. Precisamente, a electrificación deste tramo constitúe unha dos principais investimentos planificados para o corredor.

No caso da liña entre as estacións de Monforte de Lemos e Ourense, o contrato cun período de execución de 11 meses, comprende actuacións nun total de nove pontes, 12 trincheiras e seis medias ladeiras, co fin de adaptalos aos novos parámetros de explotación da liña (incluído o gálibo) que require a electrificación a 25 kilovoltios que se instalará.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here