InicioTerra de LemosBombeiros de Lemos prepáranse en León contra os lumes do verán

Bombeiros de Lemos prepáranse en León contra os lumes do verán

Participaron nun encontro con profesionais de varios países da UE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Profesionais do Servizo de prevención de incendios forestais de Galicia participaron en León nun exercicio internacional de extinción para mellorar a resposta ante situacións de grandes lumes simultáneos. As manobras encádranse na celebración do Mecanismo Europeo de Protección Civil da Unión Europea e contón coa participación de máis de 430 profesionais de seis países e de oito comunidades autónomas.

Galicia achegou 15 efectivos dos distritos VII Fonsagrada-Os Ancares e VIII Terra de Lemos, que se implicaron nun exercicio de dous días de duración no que os representantes do operativo galego interactuaron con todos os medios participantes e releváronse con equipos de Estremadura, baixo a coordinación dos técnicos de Castela e León.

O simulacro estaba orientado a mellorar a coordinación e resposta da Unión Europea ás catástrofes que afectan a distintas zonas de influencia, segundo explicou a Xunta nun comunicado. En concreto, no exercicio participaron profesionais de países do sur de Europa —España, Portugal, Francia, Grecia, Croacia e Italia–, así como efectivos de Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha, Estremadura, Comunidade Valenciana, Cataluña, Andalucía e Comunidade de Madrid, ademais de persoal da Administración estatal.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...